VOTA QUEICOIÑASQueicoiñas preséntase unha vez máis nas eleccións a Claustro cunha lista paritaria na que se recolle a representatividade dos tres campus e dos dous colectivos de PAS, laboral e funcionario. Para isto contamos co apoio e compromiso das compañeiras e compañeiros que nos candidatamos, onde se reflicte que hai xente que chama con forza para participar e colaborar na vida universitaria. Dez dos compoñentes da nosa lista non participaron ata o de agora na representación do colectivo do PAS e esperamos que co voso apoio iso cambie. Coa experiencia que teñen uns e coas ganas de participar dos outros vimos a pedir o voso apoio para a candidatura de Queicoiñas. Apoio para continuar desenvolvendo na Claustro unha política de debate e de defensa dos intereses do PAS e da Universidade. Promovemos o debate da política de xerencia logo dun ano no cargo, criticamos aquilo que entendiamos prexudicial para o PAS como foi a OPE do PAS-F, buscamos o diálogo e a negociación, e traballamos nas comisións onde estabamos. Compartimos co resto do PAS no Claustro a defensa duns novos Estatutos da Universidade onde se avanzou na defensa da lingua, nos dereitos dos traballadores, na recuperación da representación sindical e o máis importante, en recuperar o papel do Claustro, devalado coa entrada en vigor da LOU. PROCEDIMENTO DE VOTACIÓN Como sabemos esta é unha votación de listas abertas, é dicir votas ás persoas, non tés a obriga de votar a unha candidatura completa, pero podes facelo. Nin sequera hai a obriga de votar a 18. Vótase ao número de persoas que ti queiras entre 1 e 18. Pero lembramos que esta vez, intentando acadar un claustro paritario, as votacións están condicionadas a votar uns máximos en función do xénero. Así na votación que nos toca aos PAS poderemos usar os 18 votos permitidos de dous xeitos, ou ben facendo unha votación totalmente paritaria 9 mulleres e 9 homes ou ben votando ata un máximo de 10 nunha columna (homes ou mulleres) e o resto (8), na outra. De non cumprir esta norma ou de votar a máis de 18, a papeleta será declarada nula. O que tamén hai que deixar claro é que a votación en si mesma non ter que cumprir a paridade, podes votar 7 e 1, ou 10 e 0, ou 2 e 9, 4 e 10, 1 e 6, 3 e 10, ... Resumindo, pódese votar un máximo de 18 persoas, das que 10 como máximo nunha columna (mulleres ou homes) e o resto noutra. Nós, Queicoiñas, somos vós, a vosa forza. Co voso apoio participaremos onde nos toque, co compromiso dunha universidade pública, eficaz e eficiente ao servizo da cidadanía e próxima ás persoas. MEDIDAS PROGRAMÁTICAS
VOTA
QUEICOIÑAS
|