POR UNHA UNIVERSIDADE GALEGA, PÚBLICA E PARTICIPATIVA
O 7 DE MAIO
ELIXE OS TEUS CLAUSTRAIS
VOTA OS TEUS COMPAÑEIROS:
Candido Pérez Betanzos, Alfonso Caride Losada, Luis Pérez Gómez, Antón García Fernández, Rodrigo Alberte Pivida, Carlos Mollinedo Lois, Filemón Rivas Conde, Guillermo Oca Cancela, Manuel Fernández Cruz, Ramón Barreiro García, Jesus Andrés Iglesias, Rosa Bernal Gómez, Benedicta Expósito González, Antonio Vázquez Torres, M. Ramón Araujo Casado, Federico A. Fernández Fernández, Nicanor Palomares Rodríguez, Ana Isabel González Penín.
Razóns para votarnos:
1.- Porque temos demostrado a nosa participación activa sempre que foi
necesario, asistindo regularmente ós órganos que pertenecemos
e facendo aportacións para un traballo en positivo.
2.- Porque a nosa pertenencia a un grupo máis amplo dentro do ámbito universitario COLECTIVO NACIONALISTA (profesores, PAS e alumnos) o cal permítenos, nas nosas actuacións, diante do claustro ou calquera órgano colexiado, defender un Proxecto de Universidade homoxeneo que vaia máis alá da simple xestión administrativa, intentando involucrar a Uvigo nas problemáticas da nosa Sociedade así como na defensa da Cultura e Lingua propias.
3.- Porque mantivemos e mantemos unha postura definida na loita Anti-LOU, fronte a compañeiros doutras candidaturas que non só non se movilizaron senón que puxeron atrancos as nosas reivindicacións amosando unha total falla de compromiso e solidaridade co resto dos traballadores.
4.- Porque defendemos o 10% como cuota nos órganos colexiados. Dentro dos cales tomanse tódalas decisións que atañen ó PAS.
5.- Porque defendemos un Programa Político, non unhas demagóxicas reivindicacions sindicais, que logo quedan en papel mollado.
6.- Porque ata agora o noso apoio o actual rector, e polo tanto a ALTERNATIVA UNIVERSITARIA esta baseado na coincidencia de liñas de actuación e respecto mutuo e non en prebendas e expectativas particulares.
7.- Porque creemos que noutras candidaturas as diferencias personais e ideolóxicas, que só se manterán agochadas namentres sexa menester para a procura de votos, impediranlles cumplir coas súas responsabilidades
8.- Porque tal como sospeitabamos os compañeiros doutras candidaturas, que nos acusan de falla de imdependencia, apoiaran sin condicións a NOVA UNIVERSIDADE co suposto aval da Xunta de Persoal e de tódolos sindicatos. ¿Quen lles pode crer?
9.- Porque ademais de presentar unha candidatura renovada en boa parte, aportamos
a experiancia de anos de traballo como aval, e moitos logros acadados
Por todo isto, SOMOS A TÚA MELLOR OPCION A HORA DE ESCOLLE-LOS REPRESENTANTES
A CLAUSTRO UNIVERSITARIO.
¡¡NON TE ESQUEZAS!!
O 7 de maio